xoves, 30 de maio de 2019

Última xuntanza cos avós

E onte os cativos do Seixo 1 foron os encargados de pechar o ciclo de xuntanzas no Centro de día de Tomiño.

Coma sempre, tiveron oportunidade de compartir momentos moi especiais, cariño e sorrisos. Tanto pequenos coma naiores disfrutamos moito!

Desde o equipo de dinamización queremos agradecer a todas as traballadoras e traballadores do centro a súa labor, o bo trato e a sempre predisposición a facer cousas co CRA. 

Despedímonos por este curso pero contamos seguir compartindo momentos máxicos cos que xa son os 'nosos avós e avoas'


martes, 21 de maio de 2019

Os avós visitan o Seixo!

E viraron as tornas!!

Onte, luns 20 de maio tivemos a inmensa sorte de facer de anfitrións no Seixo e recibir a visita de varios dos nosos avós e avoas do centro de día de Tomiño. Viñeron acompañados dalgúns familiares e dos traballadores do centro, tan implicados coma sempre!

Nesta pequena xornada disfrutamos facendo talleres de pintura, colares, xogos de mesa e compartindo emocións e cariño.

Estamos moi agradecidos pola implicación e por contar coa oportunidade de poder facer estas xuntanzas que nos enriquecen a todos!


luns, 20 de maio de 2019

FESTA LETRAS GALEGAS

E por fin chegou o gran día da nosa lingua!!!

Este pasado xoves 16 de Maio festexamos todos xuntos na escola da Aurora o día das Letras Galegas. 

Foi unha xornada na que demos valor e importancia á nosa lingua: o galego

Tivemos xogos tradicionais, música e baile e conciencia coa instalación das vendas que todo o CRA (cativos e mestres) estiveron cosendo para tentar curar a lingua con palabras ben galegas, quedou impresionante!

 

De visita aos nosos avós

O pasado luns 13 de Maio foi o turno para as escolas de Vilachán e Seixo 3 de pasar a mañá no centro de día de Tomiño compartindo momentos tan xeniais coma os das fotos.

Todos os avós e avoas do centro de día xa son parte da vida do noso CRA. Estamos encantados de poder aprender tanto deles.
Grazas!