E onte os cativos do Seixo 1 foron os encargados de pechar o ciclo de xuntanzas no Centro de día de Tomiño.
Coma sempre, tiveron oportunidade de compartir momentos moi especiais, cariño e sorrisos. Tanto pequenos coma naiores disfrutamos moito!
Desde o equipo de dinamización queremos agradecer a todas as traballadoras e traballadores do centro a súa labor, o bo trato e a sempre predisposición a facer cousas co CRA.
Despedímonos por este curso pero contamos seguir compartindo momentos máxicos cos que xa son os 'nosos avós e avoas'
xoves, 30 de maio de 2019
martes, 21 de maio de 2019
Os avós visitan o Seixo!
E viraron as tornas!!
Onte, luns 20 de maio tivemos a inmensa sorte de facer de anfitrións no Seixo e recibir a visita de varios dos nosos avós e avoas do centro de día de Tomiño. Viñeron acompañados dalgúns familiares e dos traballadores do centro, tan implicados coma sempre!
Nesta pequena xornada disfrutamos facendo talleres de pintura, colares, xogos de mesa e compartindo emocións e cariño.
Estamos moi agradecidos pola implicación e por contar coa oportunidade de poder facer estas xuntanzas que nos enriquecen a todos!
Onte, luns 20 de maio tivemos a inmensa sorte de facer de anfitrións no Seixo e recibir a visita de varios dos nosos avós e avoas do centro de día de Tomiño. Viñeron acompañados dalgúns familiares e dos traballadores do centro, tan implicados coma sempre!
Nesta pequena xornada disfrutamos facendo talleres de pintura, colares, xogos de mesa e compartindo emocións e cariño.
Estamos moi agradecidos pola implicación e por contar coa oportunidade de poder facer estas xuntanzas que nos enriquecen a todos!
luns, 20 de maio de 2019
FESTA LETRAS GALEGAS
E por fin chegou o gran día da nosa lingua!!!
Este pasado xoves 16 de Maio festexamos todos xuntos na escola da Aurora o día das Letras Galegas.
Foi unha xornada na que demos valor e importancia á nosa lingua: o galego.
Tivemos xogos tradicionais, música e baile e conciencia coa instalación das vendas que todo o CRA (cativos e mestres) estiveron cosendo para tentar curar a lingua con palabras ben galegas, quedou impresionante!
De visita aos nosos avós
O pasado luns 13 de Maio foi o turno para as escolas de Vilachán e Seixo 3 de pasar a mañá no centro de día de Tomiño compartindo momentos tan xeniais coma os das fotos.
Todos os avós e avoas do centro de día xa son parte da vida do noso CRA. Estamos encantados de poder aprender tanto deles.
Grazas!
venres, 22 de marzo de 2019
CONVIVIMOS COS NOSOS AVÓS
Unha vez máis convivimos e disfrutamos cos nosos avós e avoas do centro de día. Foron os cativos das escolas de Amorín e Figueiró os que protagonizaron esta xuntanza e os que poideron compartir momentos únicos como os que podedes ver nas fotos.
Aloumiños, bicos, risas, contos, cantigas e moito cariño compartido a partes iguais entre maiores e pequenos!
martes, 26 de febreiro de 2019
PARROCHA
E volvimos xogar coa lingua!!
Desta volta investigamos o significado da palabra "PARROCHA".
Saíron ideas moi diferentes e divertidas.
De seguido podedes ver o vídeo con todo o que nos dixeron os nosos cativos e admirar o gran traballo e implicación dalgunhas familias, grazas!
xoves, 21 de febreiro de 2019
3° xuntanza no centro de día
Onte mércores, os cativos das escolas da Aurora, Carregal e Estás foron os encargados de compartir tempo, espazo e experiencias cos, xa nosos, avós e avoas do centro de día de Tomiño.
Pasárono en grande tanto pequenos coma maiores xogando, creando e empregando as tablets.
Por suposto non faltaron anécdotas, cariño e aloumiños. Encantados de poder ter estas vivencias!
venres, 18 de xaneiro de 2019
GOLFIÑO
martes, 4 de decembro de 2018
Unha nova xuntanza no centro de día
O pasado mércores volvimos a facer unha convivencia no centro de día de Tomiño para pasar parte da mañá cos nosos maiores, e dicimos nosos porque xa os sentimos así, como parte da nosa gran familia!
Desta volta foron os cativos do Seixo 2 e de Vilameán os que gozaron desta xuntanza.
De seguido vos poñemos algunha foto dos diferentes talleres que alí fixemos e do cariño e respecto que se comparte neles.
xoves, 18 de outubro de 2018
XUNTANZA COS NOSOS MAIORES
Onte mércores retomamos as xuntanzas no centro de día de Tomiño para compartir momentos especiais cos nosos maiores.
Desta volta foron as escolas de Barro, Forcadela e Taborda as primeiras en intercambiar experiencias, coñecemento e cariño.
Grandes e pequenos tiveron oportunidade de facer ximnasia xuntos, cantar e bailar música tradicional galega, xogar a xogos tan tradicionais coma o dominó e a oca, facer peixes con materias de reciclaxe e pasar pola sala de relaxación e pola perruquería.
Foi unha mañá moi emotiva e gratificante na que todos gozamos moito, coma sempre grazas ao gran traballo e dedicación de todos os empregados do centro.
Xa nos tarda voltar!
mércores, 10 de outubro de 2018
Descubrindo, investigando e gozando!
Estamos por aquí de novo, cheos de ideas e aventuras para seguir empregando e gozando coa nosa lingua.
Este curso imos andar mergullados polo fondo do MAR; así que, que mellor ca comezar coñecendo os seres vivos que nel viven.
Desta volta temos tarefa de investigación: coa axuda dun cardeno de campo iremos na procura de todos os animais que atopemos na peixaría do mercado de Tomiño. Estarán todos?
Alá imos grumetes!!
domingo, 3 de xuño de 2018
ESTRALOQUE
E seguimos descubrindo a nosa lingua, desta volta tocou investigar sobre a palabra estraloque. De seguido tedes o vídeo con todas as ideas dos nenos e nenas do CRA.
Encántanos ver o entusiasmo dos nenos por recibir unha nova palabra que investigar, así que contade con moitas máis para o vindeiro curso.
Xa estamos na procura de novas palabras 100% galegas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)