xoves, 12 de abril de 2018

APRENDENDO E DISFRUTANDO NO CENTRO DE DÍA

Unha vez máis os nosos nenos e nenas pasamos unha xornada cos maiores do centro de día. O pasado venres 6 de Abril foi o turno das escolas de Carregal, Figueiró e Seixo 1. Durante a mañá poideron compartir momentos tan bonitos coma o de relaxación, maquillaxe e masaxes por parte dos pequenos así coma escoitar contos e sabeduría por parte dos maiores. Para agradecerlles a todos os ususarios e traballadores do centro o poder compartir con eles eses momentos, os cativos destas escolas agasalláronos cunha pranta e unha maceta decorada por eles, menudos artistas!



mércores, 21 de marzo de 2018

NOVA XUNTANZA NO CENTRO DE DÍA

O pasado venres 16 de Marzo os nenos e nenas do CRA volveron a pasar unha xornada no centro de día de Tomiño compartindo momentos e experiencias cos máis maiores.
Desta volta foron os pequenos das escolas de Amorín, Barro e Seixo 2 os que animaron e aprenderon nunha xornada chea de lendas e contos de Tomiño, música e baile tradicional e sobre todo moitos aloumiños e cariño.

 





martes, 20 de marzo de 2018

PINCHACARNEIRO


Comezamos o noso xogo de investigación coa palabra Pinchacarneiro, que curiosa! 
Aquí vos deixamos un vídeo coas ideas dos nosos nenos e nenas sobre o significado desta palabra tan enrevesada e co seu significado. Imaxinación ao poder!!!

Grazas a todos os cativos, ás titoras e tamén ás familias que se involucraron na busca do significado, sodes xeniais!



venres, 2 de marzo de 2018

IMOS AO CENTRO DE DÍA



O pasado venres 23 de Febreiro, as escolas de Forcadela, Estás e Seixo 3 viviron unha xornada de intercambio de experiencias no Centro de Día de Tomiño. Nela as nenas e os nenos pasaron toda a mañá compartindo espacios e rutinas cos maiores usuarios do centro; alí poideron vivir momentos de relaxación, aloumiños por parte de todos, escoitar historias e contos do noso patrimonio (igrexa románica de Tomiño, escultura da Peregrina de Estás e ponte medieval e antigo muíño de Forcadela) e rematar cantando e bailando todos xuntos. 

Aproveitamos para agradecer a Eder (pai dun dos nenos do CRA) a súa participación nesta experiencia e por amenizar a xornada coa súa guitarra e a súa voz. GRAZAS!

Tanto cativos coma maiores disfrutaron enormemente desta experiencia tan enriquecedora na que sobre todo se intercambiou cariño, amor e tenrura. 

Esta foi só a primeira das múltiples visitas que imos facer e das moitas actividades que estamos a levar a cabo cos usuarios e traballadores do centro de día, aos cales lles damos as grazas por permitirnos participar no gran traballo que fan día a día.






Outra das actividades na que estamos colaborando conxuntamente o CRA e o Centro de día é na felicitación dos aniversarios dos maiores por parte dos cativos e viceversa. Aquí vos deixamos unha mostra dalgunhas das tarxetas tan bonitas e que con tanto cariño fixeron pequenos e grandes.



venres, 2 de febreiro de 2018

30 XANEIRO, DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O pasado martes 30 de Xaneiro todos os nenos e nenas do CRA estivemos celebrando o día da PAZ. Agrupámonos por escolas e xuntos fixemos diferentes talleres e actividades. Unha delas foi a lectura do conto "O LAPIS MÁXICO DE MALALA", que nos conta a vida desta nena e como conseguiu facer realidade o seu soño: que todos nos uníramos para loitar pola paz. 
Os rapaces e rapazas estiveron coñecendo nos días previos un pouco máis desta rapaza galardoada co Premio Nobel da Paz no 2014. 
De seguido, os cativos poideron experimentar e debuxar a paz cun lapis máxico coma o do conto e tamén escribir os seus desexos de paz.

venres, 19 de xaneiro de 2018

CONCURSO FOTOGRÁFICO

Estades todos convidados a participar neste concurso fotográfico sobre a lingua galega. Só tedes que sacar unha foto a unha palabra en galego ou ben facela vós mesmos. 

Animádevos!


COMEZAMOS ANO NOVO


Este ano 2018 ven cargado de cor, creatividade e diversión.
Este ano no CRA somos artistas polo que dende o equipo de dinamización da lingua galega ímosvos a propoñer actividades e recursos para que gocedes coa lingua.

Estade atentos!






mércores, 3 de maio de 2017

A VIAXE EN TREN Ó TEATRO DE VIGO.

FOI MOI FERMOSO VIAXAR NO TREN E VER A OBRA DE TEATRO: GATUXO, E CONVIVIR CON TÓDOLOS NENOS/AS E PROFES DO CRA MESTRE MANUEL GARCÉS.

SI,SI,SI ESTÁ ESTUPENDOOOO....

xoves, 27 de abril de 2017

O RÍO DA PEDRA.

Foi  unha experiencia moi bonita porque plantamos Roble Americano e convivimos todos xuntos.
Grazas o Concello e a a profe Tere de Voz Natura.

mércores, 26 de abril de 2017

ADIVIÑAS

OS NENOS E NENAS DO CRA FIXERON UNHAS ADIVIÑAS  DOS BECHOS MOI FERMOSAS.

SODES UNHOS ARTISTAS. SI,SI,SI ESTA ESTUPENDO.