venres, 2 de febreiro de 2018

30 XANEIRO, DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O pasado martes 30 de Xaneiro todos os nenos e nenas do CRA estivemos celebrando o día da PAZ. Agrupámonos por escolas e xuntos fixemos diferentes talleres e actividades. Unha delas foi a lectura do conto "O LAPIS MÁXICO DE MALALA", que nos conta a vida desta nena e como conseguiu facer realidade o seu soño: que todos nos uníramos para loitar pola paz. 
Os rapaces e rapazas estiveron coñecendo nos días previos un pouco máis desta rapaza galardoada co Premio Nobel da Paz no 2014. 
De seguido, os cativos poideron experimentar e debuxar a paz cun lapis máxico coma o do conto e tamén escribir os seus desexos de paz.

venres, 19 de xaneiro de 2018

CONCURSO FOTOGRÁFICO

Estades todos convidados a participar neste concurso fotográfico sobre a lingua galega. Só tedes que sacar unha foto a unha palabra en galego ou ben facela vós mesmos. 

Animádevos!


COMEZAMOS ANO NOVO


Este ano 2018 ven cargado de cor, creatividade e diversión.
Este ano no CRA somos artistas polo que dende o equipo de dinamización da lingua galega ímosvos a propoñer actividades e recursos para que gocedes coa lingua.

Estade atentos!






mércores, 3 de maio de 2017

A VIAXE EN TREN Ó TEATRO DE VIGO.

FOI MOI FERMOSO VIAXAR NO TREN E VER A OBRA DE TEATRO: GATUXO, E CONVIVIR CON TÓDOLOS NENOS/AS E PROFES DO CRA MESTRE MANUEL GARCÉS.

SI,SI,SI ESTÁ ESTUPENDOOOO....

xoves, 27 de abril de 2017

O RÍO DA PEDRA.

Foi  unha experiencia moi bonita porque plantamos Roble Americano e convivimos todos xuntos.
Grazas o Concello e a a profe Tere de Voz Natura.

mércores, 26 de abril de 2017

ADIVIÑAS

OS NENOS E NENAS DO CRA FIXERON UNHAS ADIVIÑAS  DOS BECHOS MOI FERMOSAS.

SODES UNHOS ARTISTAS. SI,SI,SI ESTA ESTUPENDO.


mércores, 15 de marzo de 2017

Visita do entomólogo

GRAZAS DE CORAZÓN POLA TÚA INFORMACIÓN APRENDIMOS MOITO.

Visita de Tamara

GRAZAS A TAMARA POLA SÚA DEDICACIÒN QUE LLE PREGUNTAMOS MOITÍSIMO SOBRE OS BECHOS.
FOI UN DÍA MÁXICO PORQUE CONVIVIMOS MOITOS NENOS/AS E PROFES DE AMORÍN, BARRO, FORCADELA E VILACHÁN.